Mostrando entradas con la etiqueta # Taboleiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta # Taboleiro. Mostrar todas las entradas

8/8/12

ACHADA UNHA CALZADA GALAICO-ROMANA DE 35 METROS EN ALLARIZ

Trátase dunha vía que dividía un poboado de grandes dimensións que está a ser escavado

Unha rúa galaico-romana dos séculos III e IV con 35 metros de longo e case tres de ancho é o máis recente achado na segunda campaña de escavación na Atalaia do Castro de Armea , na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas. Trátase segundo declaración do arqueólogo David Pérez ao xornal La Región, dunha rúa de trazado recto e ben pavimentado que divide as casas do poboado cunha cantería “exquisita”. Nunha campaña anterior en 2011 da que deu conta Cultura galega.org atopáronse os primeiros muros e vestixios desta vila galaico-romana, que segundo os arqueólogos pode ter unha extensión de 4,8 hectáreas. O Alcalde de Allariz manifestou ao xornal a súa intención de manter o apoio aos traballos en Armea como unha das súas prioridades para facelo atractivo aos visitantes e poder explotar turísticamente este ben patrimonial. En setembro procederase a labores de restauración e consolidación dos muros para que aguanten o inverno.

21/3/12

La Región: Un estudio descubre una red de bodegas de la Edad Media

El historiador José Luis Sobrado destaca que el vino era el motor económico de la comarca
sabela pinal. ribadavia - 20-03-2012
Un estudio realizado por el historiador José Luis Sobrado Pérez, presidente del Centro de Estudios Chamoso Lamas , revela la importancia que tuvo la producción del vino en las comarcas de O Ribeiro y también de Carballiño durante la Edad Media.
Sobrado ha trabajado en los últimos cuatro años en la recopilación de documentación y desarrollando un trabajo de campo encaminado a la localización de antiguas bodegas. El inventario, aunque todavía no está cerrado, recoge una treintena, halladas en distintos lugares de la Denominación de Origen Ribeiro. Algunas de estas bodegas son del siglo XIII, mientras que la gran mayoría corresponden al XVI.
Sobrado Pérez iniciaba la investigación a raíz del trabajo sobre la época medieval que desarrolló dentro del equipo encargado de diseñar el contenido del futuro Museo do Viño de Galicia (Santo André-Ribadavia). 
Una de las bodegas de la Edad Media, localizada en Albarellos, del municipio de Boborás. (Foto: L)
Una de las bodegas de la Edad Media, localizada en Albarellos, del municipio de Boborás. (Foto: L) 


DOCUMENTACIÓN
'Á veces partindo da documentación dispoñible e outras tamén fruto da casualidade fun localizando todas estas construccións, moi similares entre elas, todas coa entrada en forma de arco, e de moita precisión arquitectónica', apunta el experto, que llegó a sorprenderse del buen estado de conservación, pese a que en algunos casos ni siquiera tienen tejado.
Según señala, las bodegas fueron construidas por los monasterios de Oseira (Cea), Sobrado dos Monxes (A Coruña), Acibeiro (Pontevedra), San Clodio (Leiro), San Paio y San Martiño Pinario de Santiago y el monasterio de Melón. Al respecto, señala el historiador que 'están ubicadas onde os mosteiros tiñan as propiedades, creaban redes de adegas e despois mandaban o viño á central, case sempre no mosteiro, e dende alí vendíano por toda Galicia e norte de España, sobre todo Asturias e País Vasco, e tamén o exportaban a Ingalterra e Francia'.
El trabajo quedará reflejado en un libro, que abordará lo importante que era la producción vinícola en la economía de la Edad Media. 'O viño era o gran negocio da época, era o principal motor económico', indica Sobrado, y añade que 'no Ribeiro atópase o entramado de adegas máis importante, e con moita diferencia, de todas as denominacións de orixe de Galicia'.
José Luis Sobrado se mostró convencido de que seguramente habrá más construcciones de este tipo en ambas comarcas, por lo que no descarta localizar alguna más hasta el próximo verano, en que prevé finalizar el trabajo con vistas a la publicación del libro.

Atopado en Chuza! -> Fonte orixinal

15/6/11

Un blog recupera publicacións galegas históricas


Considerando que na actualidade a Rede é a principal fonte de información para boa parte dos galegos e en vista das dificultades que hai para atopar os contidos de certas publicacións moi representativas da nosa cultura, chega o blog Publicación Galegas, que busca recuperar a Revista Nós, os xornais A Nosa Terra e A Fouce e outras publicacións de interese (como Terra, Alento, Guieiro e Rexurdimento),que irá recollendo en formato PDF para facilitar a súa descarga e consulta, pretendendo así favorecer á súa divulgación.

Este blog leva un par de semanas de andaina, nas que recolleron os 3 primeiros números da Revista Nós publicados en 1920 e os 4 primeiros números do xornal A Fouce editados en 1926, o que xa supoñen unha interesante achega que algúns consideran que era toda unha necesidade que estaba desatendida.

Visto en: Código Cero

13/8/10

OBRAS | DESCULPEN AS MOLESTIAS

Andamos a renovar a faciana da A vella e nobre Gallaecia.
Pouco a pouco recuperaremos as fotos publicadas que se perderon e esperamos de contado poder amosar máis novas vellas fotos.
Desculpen as molestias e bo verán.

15/10/08

Sada: Os restos de Ramón Suárez Picallo xa descansan no Fiunchedo


Un milleiro de persoas participaron no acto, que se pechou coa interpretación do himno a cargo de Xosé Manuel Budiño.
Ramón Suárez Picallo volveu á casa. Finalizou esta tarde a derradeira das súas viaxes, que o levaron dunha beira á outra do Atlántico, por ducias de países, dende que aos 14 anos emigrou, el só, a Arxentina. O seu desexo era ser soterrado en Sada, no cemiterio do Fiunchedo, xunto ao seu irmán Antonio, asasinado polos fascistas en 1936. O seu desexo cumpriuse esta tarde. Na homenaxe popular que lle ofreceu o Concello de Sada participaron máis dun milleiro de persoas, que se reuniron na praza Irmáns Suárez Picallo, onde houbo tamén unha ampla representación institucional. O acto abriuse coa interpretación da Marcha do Antigo Reino de Galiza e pechouse co himno, que soou na gaita de Xosé Manuel Budiño.

O pasado 11 de outubro os seus restos foron exhumados do Panteón de Galegos Ilustres do cemiterio de Chacarita (ver vídeo), culminando as xestións que a Xunta e o Concello de Sada, encabezado polo seu alcalde, Abel López Soto, veu realizando nos últimos meses. O presidente do Centro Galego, Julio Martínez, foi o encargado de lle entregar as cinzas do político sadense a López Soto, que cualificou o momento como o "acto máis emotivo" da súa traxectoria política. Durante o enterro das cinzas, este martes, Abel López Soto destacou que Picallo "puxo en valor coma ninguén a importancia da palabra como única arma para defender con vehemencia e firmeza aquilo no que un cre, sen desprezar as crenzas dos demais". López Soto, moi emocionado, rematou o seu discurso recuperando unha das frases que adoitaba empregar o ilustre galeguista: "Amigos e amigas, saúde e Terra ceibe".
Foi o deputado da emigración, o "arxentino" que cando falaba no Congreso, facíao "con aires de tango", como se dixo na época; estivo sempre na marxe máis esquerdista do nacionalismo, sendo unha figura fundamental na incorporación do PG á Fronte Popular. É un dos integrantes máis destacados da segunda xeración de líderes do nacionalismo, que tomou o relevo nos anos trinta, dando o gran salto do galeguismo político. A súa figura política é comparábel á de Castelao e Bóveda, e faise preciso aínda un traballo de recuperación da súa memoria. Foi xornalista, tamén, desenvolvendo a súa actividade en Arxentina, Galiza, Chile ou a República Dominicana.
Imaxe de La Voz de Galicia
Suárez Picallo, toda unha vida dedicada á política e ao xornalismo
Despois de emigrar a Arxentina, dedicouse moi intensamente á vida política e sindical dende moi novo, sendo candidato en varios comicios. "Tivo un papel moi importante na dinámica sociopolítica da emigración galega, na mobilización dos emigrantes", di o profesor Núñez Seixas, que engade que "naquel tempo Suárez Picallo ocupa un lugar clave no movemento obreiro arxentino". En 1926 visitou Galiza, aproveitando a súa asistencia á xuntanza anual da Organización Internacional do Traballo. Fixo amizade con Vilar Ponte e de regreso a Arxentina fundou unha sección da ORGA. Foi elixido deputado constituínte, e despois obtivo acta de deputado nas primeiras eleccións, celebradas en 1931, "cun pé en cada bando, entre a ORGA e o PG", sinala o profesor Xusto Beramendi.
Imaxe de La Voz de Galicia
Participou na fundación do PG e converteuse, xunto a Castelao na imaxe pública do, pasando a liderar no seu interior a corrente de esquerda nacionalista. Foi a presión de Picallo, entre outros elementos, a que definiu a política de alianzas progresista do Partido Galeguista cos partidos que posteriormente conformaron a Frente Popular. En palabras de Xusto Beramendi, "xa na asemblea fundacional do PG, Suárez Picallo defendeu moitas emendas esquerdistas, e no banquete que se celebrou posteriormente manifestou publicamente que era marxista, para arrepío, supoño, de Otero Pedrayo. Despois, cando se debateu a conveniencia de que o PG se incorporase á Fronte Popular, mantivo unha discusión pública moi rica con Otero".
Imaxe de La Voz de Galicia
"Suárez Picallo non era un ideólogo e nunca deixou o seu pensamento político artellado por escrito, era un home de acción, un mitineiro, moi apto para a mobilización das masas", contrapón Núñez Seixas, que comenta tamén que nunca se preocupou por ligar o pensamento marxista co galeguismo, como moito lígase á versión liberal-progresista do nacionalismo galego". Porén, para Beramendi "tivo un papel moi importante no movemento do PG cara á esquerda, xunto con Víctor Casas, Bóveda ou Castelao. Non hai que esquecer por exemplo que era director de SER, Semanario de Esquerdas, que tivo un papel fundamental na converxencia entre o nacionalismo galego e a esquerda española".

De exilio en exilio
En 1936 de novo foi elixido deputado pola Fronte Popular e formou parte da comisión que levou Estatuto de Autonomía de Galicia a Madrid, co que o Alzamento Nacional o sorprendeu alí. O seu irmán Antonio foi asasinado en Sada polos fascistas. Acompañou a Castelao a Barcelona e alí responsabilizouse da edición do Nova Galicia, Boletín quincenal dos Escritores Galegos Antifascistas, xornal de difusión do galeguismo durante a guerra.

En 1939 fuxiu por Francia até os Estados Unidos, onde mantivo unha actividade política moi importante en defensa da República. De alí, marchou cara á República Dominicana (onde dirixiu o diario La Nación), no grupo de exiliados españois convidados polo ditador Trujillo para "branquear" o país; porén a súa militancia comunista anterior e a súa actividade política obrigárono a abandonar a illa en pouco tempo, en dirección a Chile, onde traballou en catro xornais. Non puido regresar a Arxentina até que Perón abandonou o poder, e ficou deste xeito desconectado do núcleo central do exilio galeguista, "de feito en Chile estaba máis conectado coas comunidades vasca e catalana, e co Centro Republicano Español", comenta Núñez Seixas. Cando retornou a Arxentina era maior e a súa saúde estaba moi debilitada. Participou na creación do Consello de Galiza, pero o seu papel era máis simbólico que real. Morreu en 1964.

Beramendi reclama a necesidade de que a actividade política de Suárez Picallo teña un meirande recoñecemento social, para situalo á altura de, por exemplo, Castelao ou Bóveda: "a memoria colectiva tende sempre a simplificar as cousas, e normalmente hai dúas ou tres figuras que se mitifican e que deixan empequenecidas a outras". Aquí pasou, segundo o profesor da USC, con Castelao e Bóveda "con todo merecemento" e só agora estáse comezando a valorar a importancia de Suárez Picallo e a doutros políticos como Víctor Casas ou, por exemplo, o propio irmán de Picallo, Antonio, "tan de esquerdas ou máis ca el".
Imaxe de La Voz de Galicia

Fonte: Marcos S. Pérez - 14/10/2008 para Vieiros