28/3/09

Tal día coma hoxe...

1809: Os exércitos de Morillo e Cachamuíña liberaban Vigo das tropas francesas.

1966: Morría no seu Lalín natal o astrónomo Ramón María Aller. Un cráter da Lúa leva o seu nome.

Hoxe festa local da Reconquista en Vigo.

23/3/09

Día Mundial da Meteoroloxía

1870: En Maceda de Trives (Manzaneda) enfrontábanse os campesiños coa Garda Civil a causa dun imposto de "capacitación". No enfrontamento, que durou tres días, morreron tres paisanos e un garda.

21/3/09

Día Mundial da Poesía

1874: Nacía na Coruña o músico Andrés Gaos, considerado o compositor galego máis destacado do século XX e autor de importantes obras como "Aires Gallegos" (1905), "Nuevos Aires Gallegos" (1913), "Sonata para violín e piano" (1916) e "Impresión Nocturna" (1937).

19/3/09

Tal día coma hoxe...

1847: Fundábase a "Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos" coñecida como "Circo de Artesanos", que había destacar polo seu labro cultural no país.

16/3/09

Tal día coma hoxe....

1850: Orde municipal pola que se cambiaba o nome a todas as rúas de Ourense por consideralas "ridículas e contrarias ao gusto e adianto da época".

1930: Pacto de Lestrove no que nacía a Federación Republicana Gallega. Os seus núcleos principais habían ser a ORGA e o Partido Radical.

14/3/09

Tal día coma hoxe....

1525: Unha bula de Clemente VII autorizaba a Afonso III de Fonseca á creación dun colexio en Compostela. Esta foi a orixe da Universidade de Santiago de Compostela.

"O sol de Marzo queima ás donas no seu pazo"

12/3/09

Tal día coma hoxe....

1461: Fundábase un burgo mariñeiro preto dun castro do que era dono o Cardeal-Arcebispo de Compostela, García Caamaño Mendoza de Soutomaior. Este burgo deu orixe a Vilagarcía de Arousa.