31/12/08

Ourense | Rúa do Progreso

F. Dopazo | La Voz de Galicia

27/12/08

Redondela | Lavandeiras

La Voz de Galicia

25/12/08

Allariz | Fábrica de curtidos e ponte encol do río Arnoia

Pedro Ferrer | La Voz de Galicia

23/12/08

Santiago de Compostela | Peregrinaxe

Luís Ksado | La Voz de Galicia

22/12/08

Vigo | Scalextric AP-9 a Gran Vía

Faro de Vigo
Este viaduto foi construído a comezos dos '80 para comunicar directamente o acceso da AP-9 á cidade olívica coa Gran Vía e nunca chegou prestar servizo.

Como se pode apreciar na imaxe atravesaba a rúa Lepanto e evitaba o cruce con Urzáiz para chegar ao comezo da Gran Vía.

O forte rexeitamento social que provocou a construción de esta antiestética infraestrutura fixo que a súa demolición formara parte dos actos de campaña para as eleccións as Cortes e Senado españois, sendo alcalde de Vigo Manoel Soto Ferreiro (por aquel entón membro do PSOE), e Javier Luis Sáenz de Cosculluela o ministro de Obras Públicas.

21/12/08

Monforte de Lemos: lavandeiras no río Cabe

Pedro Ferrer | La Voz de Galicia

14/12/08

Vigo | Ribeira do Berbés

La Voz de Galicia

12/12/08

Viveiro | Minas de ferro da Silvarosa

La Voz de Galicia

11/12/08

Vigo | Obras de enchido para o Ensanche

La Voz de Galicia

10/12/08

Ortigueira | Parada da carrilana

La Voz de Galicia

9/12/08

Vigo: embarcacións na ría

La Voz de Galicia

8/12/08

Ourense | Fonte das Burgas

J. Pacheco | La Voz de Galicia

7/12/08

Vigo | Porto do Berbés

La Voz de Galicia

6/12/08

Vilagarcía | Balneario

La Voz de Galicia

5/12/08

Vigo: porto e praia do Canido

Luís Ksado | La Voz de Galicia

4/12/08

Pontevedra | Igrexa de Santa María

V. Mendía | La Voz de Galicia

3/12/08

Vigo | Confluencia das rúas Colón, Urzáiz e Príncipe

Colección Fernando Val
Primeiros vitrasas azuis e de capota de cor crema, con asentos de madeira laminada e chan de chapa "palillo".

1/12/08

Vigo | Gran Vía

Colección Fernando Val
Como feito curioso cabe salientar que se podía aparcar en ambas beiras do boulevard.

29/11/08

Vigo | Avenida García Barbón

Colección Fernando Val
Á altura da igrexa de Santiago de Vigo, un tranvía pasa ás présas a toda velocidade. Apréciase tamén o edificio coñecido como "o rañaceos", que era o que lles asemellaba na época aos vigueses.

28/11/08

Bueu | Cando os barcos dos pescadores chegaban ata a praia

Luís Ksado | La Voz de Galicia

27/11/08

Vigo | Vista do centro

Colección Fernando Val
Aínda que esta postal esta datada en 1971, probablemente a foto estea tomada cara finais dos '60.

É unha vista xeral na que se aprecia en primeiro termo a Gran Vía. Na parte inferior, destaca unha zona na que hai un conxunto de naves alongadas con tellados a dúas augas fronte o boulevard, eses son os terreos nos que hoxe asenta El Corte Inglés. É posible que se tratara dun serradoiro.

26/11/08

Vilagarcía | Rúa da Mariña

La Voz de Galicia

25/11/08

Vigo | Rúa Cánovas del Castillo

Colección Fernando Val
Aínda se podían ollar algúns fermosos exemplos da arquitectura de finais do XIX e comezos do XX no borde litoral, hoxe engulido baixo desproporcionadas e antiestéticos contedores humáns de cemento e formigón.

Á esquerda tamén se pode apreciar o edificio e xardíns que ocupaban o que hoxe é o CC A Laxe.

24/11/08

Lugo | Teatro Circo

La Voz de Galicia
Este local, construído de madeira, ofrecía películas mudas e espectáculos circenses. Rexíano tres irmáns. Neste lugar construiríase anos máis tarde o sanatorio Pimentel, un clásico do modernismo galego que tamén foi derrubado.

23/11/08

Vigo | Bouzas e Alcabre

Colección Fernando Val
En primeiro termo o matadoiro de Alcabre, hoxe Museo do Mar de Galicia, e en segundo termo o primeiro enchido no litoral de Bouzas.

22/11/08

Pontevedra | Alameda

F. Zagala | La Voz de Galicia

21/11/08

Vigo | Vistas dende o Berbés

Colección Fernando Val
Vistas do monte do Castro e parte do Casco Vello dende as naves e peiraos dos pescadores do Berbés cara a metade do século XX.

20/11/08

Santiago de Compostela | Catedral e praza da Quintá

La Voz de Galicia

19/11/08

Vigo | Rúa Montero Ríos

Colección Fernando Val
Unha vez máis o Vigo da segunda metade do século XX previa transformación da fachada marítima central por mor do proxecto "Abrir Vigo ao Mar".

Vemos un novo hotel Bahía, que hoxe máis ca unha reforma precisa dun derrubamento, e un elegante hotel Universal antes de ser pechado e abandonado durante varios anos e que vai pouco recuperou a cadea NH.

18/11/08

Ourense | Alameda

La Región
Quiosco mudéxar que había na Alameda. Ao fondo e onde hoxe está a oficina central de Correos, estaba un vello hospicio.

17/11/08

Vigo | Rúa Montero Ríos e paseo das Avenidas

Colección Fernando Val
Na actualidade o tráfico é soterrado e a rúa en superficie esta ateigada de terrazas das cafeterías. Grande parte deses xardíns conserváronse, dentro do proxecto de humanización da zona "Abrir Vigo ao Mar", que tamén supuxo o desprazamento do camiño de ferro portuario cara a marxe exterior de ditos xardíns.

14/11/08

Culleredo | Inauguración do aeroporto de Alvedro

Alberto Martí | La Voz de Galicia
As forzas aéreas españolas tiveron un destacado papel na inauguración do aeroporto coruñés de Alvedro, o 25 de Maio de 1963.

En primeiro termo pódese ollar un cuadrimotor con distintivo da cruz de Santo André na deriva; tras del seis cazas xunto ao nome da cidade.

12/11/08

Cesuras | Excursión Coruña-Lugo

Pedro Ferrer | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña