15/6/11

Un blog recupera publicacións galegas históricas


Considerando que na actualidade a Rede é a principal fonte de información para boa parte dos galegos e en vista das dificultades que hai para atopar os contidos de certas publicacións moi representativas da nosa cultura, chega o blog Publicación Galegas, que busca recuperar a Revista Nós, os xornais A Nosa Terra e A Fouce e outras publicacións de interese (como Terra, Alento, Guieiro e Rexurdimento),que irá recollendo en formato PDF para facilitar a súa descarga e consulta, pretendendo así favorecer á súa divulgación.

Este blog leva un par de semanas de andaina, nas que recolleron os 3 primeiros números da Revista Nós publicados en 1920 e os 4 primeiros números do xornal A Fouce editados en 1926, o que xa supoñen unha interesante achega que algúns consideran que era toda unha necesidade que estaba desatendida.

Visto en: Código Cero