25/2/09

Mércores de cinsa

1894: A Sociedade Folklore Gallego trocaba o seu nome polo de Academia Gallega, da que formaban parte por aquel entón Manuel Murguía e Eduardo Pondal entre outros.

24/2/09

Martes de Entroido / Día de Rosalía de Castro

1837: Nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro

1985: Primeira emisión de Radio Galega


"Adeus Martes de Entroido,
adeus, meu amiguiño,
ata o Domingo de Pascua
non comerei máis touciño"

(Popular)

23/2/09

Luns de Entroido

Festa en Laza, Xinzo e Verín.

1908: Nacía en Botos (Lalín) José Otero Abeledo "Laxeiro".

Oleiros | Criadeiro de ostras na ría da Pasaxe

Alberto Martí | La Voz de Galicia
A empresa Carnicero tiña un viveiro de ostras xusto baixo da ponte da Pasaxe. Segundo lembra o autor da foto había numerosos coruñeses que acudían alí mercar os moluscos, aínda que tamén había un número importante de persoas que preferían degustalas nas propias instalacións posto que o lugar contaba cun espazo reservado para que os visitantes puideran probar estes bivalvos.

22/2/09

Domingo de Entroido

1870: nacía Alejandro Pérez Lugín, autor de La Casa de Troya.

Festa do grelo nas Pontes de García Rodríguez.
Festa da androlla en Navia de Suarna e Viana do Bolo.

20/2/09

Vigo | Vista parcial


Parte de Vigo, Balaídos co seu estadio e un recanto da factoría de Citröen abaixo á dereita. O barrio das Travesas empezando o "desarrollismo" e ao fondo Teis e a ría. A foto debe ser dos anos '60-'70 dada a ausencia de grandes edificios e a faciana do estadio, anterior á remodelación co gallo do mundial de fútbol de 1982.

Tal día coma hoxe

1120: Bula do Papa Calixto II pola que se recoñecía á Igrexa Compostelá o título de "metropolitana da antiga Lusitania".

17/2/09

Tal día coma hoxe

1711: falecía en Compostela José de Baquedano, mestre da Capela da Catedral de Santiago e o máis importante compositor do barroco compostelán.

13/2/09

Vigo | Caldeira de vapor no porto

Colección Guillermo González Martín | Tranvía Portal

Porto de Vigo anos 20. A agora empresa de enxeñaría civil Cubiertas y MZOV tivo a súa orixe na compañía do Ferrocarril de Medina del Campo a Zamora Orense y Vigo. Como se ve, a caldeira vai para unha locomotora desa compañía. A MZOV integrouse en Oeste en 1928.

"Febreiriño camiseiro...

... nin boa meda, nin bo palleiro".

10/2/09

Tal día coma hoxe

1810: na cidade de Ferrol prodúcese un motín das clases obreiras galegas capitaneadas por Antonia Alarcón.

1842: constrúese en Ferrol o primeiro barco a vapor da historia da Península Ibérica.

1890: naufraga o buque inglés The Serpent ao norte do cabo Vilán con 300 mariñeiros, os veciños de Xaviña só conseguiron salvar a 3. Ao resto soterráronos nun campo que dende aquela se chama "Cemiterio dos Ingleses".

6/2/09

Redondela | Viaduto de Madrid

Guillermo González Martín | Tranvía Portal

Redondela nos anos '30-'40 do século XX. O viaduto da imaxe é o da beira Porriño, que quedou fóra de servizo en 1971 ao se facer a variante de Louredo-Valos. Tras décadas de abandono, a parte metálica foi correada e pintada recentemente presentando hoxe un bo aspecto, iso si, sen vías. Encol do viaduto pódese ver un expreso tirado por unha 2540 de Oeste da serie 831-842. O primeiro coche é un mixto de Norte Camas-1ª.

Tui: ponte do Miño

Colección Guillermo González Martín

Aínda que fora rematada en 1884 non foi inaugurada ata o Marzal de 1886, cando un tren de cada país se atoparon no medio para celebrar a inauguración. En 1986 dous trens traccionados por material preservado fixeron topes no medio da ponte. Por parte da Renfe a encargada para tal evento foi a locomotora 141-2413 que hoxe fai, ás veces, o Tren de la Fresa.

Como se pode ollar na foto o taboleiro superior é para tráfico ferroviario e o inferior para tráfico rodado. Ata o establecemento da libre circulación de persoas entre os dos países e a apertura da nova ponte paralela a esta, as filas que se montaban en ambas fronteiras eran de interminables.

Fonte: Guillermo González Martín en Tranvía Portal

2/2/09

Redondela: viaduto de Pontevedra

Colección Guillermo González Martín

Tamén coñecido como viaduto do Carballo. O camiño de ferro de Redondela a Pontevedra foi inaugurado en 1884 existindo xa nesa época a liña Vigo-Redondela coa súa correspondente estación nesta última vila.

A fisionomía da zona de Redondela onde estaba a antiga estación, fixo que a vía que procedía do viaduto do Carballo acabara nunha topeira e que os trens que procedían de Pontevedra tiveran que inverter a marcha ata a estación e logo proseguir viaxe ata Vigo. Esta situación durou hasta 1971
.

Traducido do Castelán do pé de foto de Guillermo González Martín en Tranvía Portal.