28/3/09

Tal día coma hoxe...

1809: Os exércitos de Morillo e Cachamuíña liberaban Vigo das tropas francesas.

1966: Morría no seu Lalín natal o astrónomo Ramón María Aller. Un cráter da Lúa leva o seu nome.

Hoxe festa local da Reconquista en Vigo.

23/3/09

Día Mundial da Meteoroloxía

1870: En Maceda de Trives (Manzaneda) enfrontábanse os campesiños coa Garda Civil a causa dun imposto de "capacitación". No enfrontamento, que durou tres días, morreron tres paisanos e un garda.

21/3/09

Día Mundial da Poesía

1874: Nacía na Coruña o músico Andrés Gaos, considerado o compositor galego máis destacado do século XX e autor de importantes obras como "Aires Gallegos" (1905), "Nuevos Aires Gallegos" (1913), "Sonata para violín e piano" (1916) e "Impresión Nocturna" (1937).

19/3/09

Tal día coma hoxe...

1847: Fundábase a "Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos" coñecida como "Circo de Artesanos", que había destacar polo seu labro cultural no país.

16/3/09

Tal día coma hoxe....

1850: Orde municipal pola que se cambiaba o nome a todas as rúas de Ourense por consideralas "ridículas e contrarias ao gusto e adianto da época".

1930: Pacto de Lestrove no que nacía a Federación Republicana Gallega. Os seus núcleos principais habían ser a ORGA e o Partido Radical.

14/3/09

Tal día coma hoxe....

1525: Unha bula de Clemente VII autorizaba a Afonso III de Fonseca á creación dun colexio en Compostela. Esta foi a orixe da Universidade de Santiago de Compostela.

"O sol de Marzo queima ás donas no seu pazo"

12/3/09

Tal día coma hoxe....

1461: Fundábase un burgo mariñeiro preto dun castro do que era dono o Cardeal-Arcebispo de Compostela, García Caamaño Mendoza de Soutomaior. Este burgo deu orixe a Vilagarcía de Arousa.

10/3/09

Día da clase obreira galega

Tal día coma hoxe...

1944: Editábase en Buenos Aires Sempre en Galiza.

1964: En Belesar (Chantada) caía o derradeiro guerrilleiro da Resistencia Galega "O Piloto" (Xosé Castro Veiga).

6/3/09

1856: Banquete de Conxo. Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre leron senllos poemas cargados de sentido social e conciencia galega. Este feito marcou a nova xeración intelectual galega.

5/3/09

Tal día coma hoxe....

1888: Nacía en Ourense Ramón Otero Pedrayo.

Vigo | Estación do Areal

J. Pacheco | Colección Guillermo González Martín
A data é un pouco difícil de establecer. Diríase que polo aspecto que teñen os barcos debe ser anterior á Guerra Civil. Pódense ollar incluso buques de vela.

Esta estación do porto, durou até finais dos anos '60 do século XX. Estaba no que hoxe é o paseo Montero Ríos e onde se atopa o club náutico.

Pódese ollar que as dúas vías máis á dereita son de largo métrico e encol dela aparece un dos catro vagóns de bordos altos que posuíu o camiño de ferro Vigo-Baiona. Ao fondo un grupo de ferroviarios ao lado dunha locomotora que semella ser unha Oeste 252-256 das que a Renfe só chegaron dúas delas numeradas como 030-2502 e 2503.

1/3/09

Tal día coma hoxe....

1493: A carabela La Pinta, mandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada polo pontevedrés Sarmiento, arribaba a Baiona, o primeiro lugar de Europa que coñeceu a nova do descubrimento de América.