29/11/08

Vigo | Avenida García Barbón

Colección Fernando Val
Á altura da igrexa de Santiago de Vigo, un tranvía pasa ás présas a toda velocidade. Apréciase tamén o edificio coñecido como "o rañaceos", que era o que lles asemellaba na época aos vigueses.

28/11/08

Bueu | Cando os barcos dos pescadores chegaban ata a praia

Luís Ksado | La Voz de Galicia

27/11/08

Vigo | Vista do centro

Colección Fernando Val
Aínda que esta postal esta datada en 1971, probablemente a foto estea tomada cara finais dos '60.

É unha vista xeral na que se aprecia en primeiro termo a Gran Vía. Na parte inferior, destaca unha zona na que hai un conxunto de naves alongadas con tellados a dúas augas fronte o boulevard, eses son os terreos nos que hoxe asenta El Corte Inglés. É posible que se tratara dun serradoiro.

26/11/08

Vilagarcía | Rúa da Mariña

La Voz de Galicia

25/11/08

Vigo | Rúa Cánovas del Castillo

Colección Fernando Val
Aínda se podían ollar algúns fermosos exemplos da arquitectura de finais do XIX e comezos do XX no borde litoral, hoxe engulido baixo desproporcionadas e antiestéticos contedores humáns de cemento e formigón.

Á esquerda tamén se pode apreciar o edificio e xardíns que ocupaban o que hoxe é o CC A Laxe.

24/11/08

Lugo | Teatro Circo

La Voz de Galicia
Este local, construído de madeira, ofrecía películas mudas e espectáculos circenses. Rexíano tres irmáns. Neste lugar construiríase anos máis tarde o sanatorio Pimentel, un clásico do modernismo galego que tamén foi derrubado.

23/11/08

Vigo | Bouzas e Alcabre

Colección Fernando Val
En primeiro termo o matadoiro de Alcabre, hoxe Museo do Mar de Galicia, e en segundo termo o primeiro enchido no litoral de Bouzas.

22/11/08

Pontevedra | Alameda

F. Zagala | La Voz de Galicia

21/11/08

Vigo | Vistas dende o Berbés

Colección Fernando Val
Vistas do monte do Castro e parte do Casco Vello dende as naves e peiraos dos pescadores do Berbés cara a metade do século XX.

20/11/08

Santiago de Compostela | Catedral e praza da Quintá

La Voz de Galicia

19/11/08

Vigo | Rúa Montero Ríos

Colección Fernando Val
Unha vez máis o Vigo da segunda metade do século XX previa transformación da fachada marítima central por mor do proxecto "Abrir Vigo ao Mar".

Vemos un novo hotel Bahía, que hoxe máis ca unha reforma precisa dun derrubamento, e un elegante hotel Universal antes de ser pechado e abandonado durante varios anos e que vai pouco recuperou a cadea NH.

18/11/08

Ourense | Alameda

La Región
Quiosco mudéxar que había na Alameda. Ao fondo e onde hoxe está a oficina central de Correos, estaba un vello hospicio.

17/11/08

Vigo | Rúa Montero Ríos e paseo das Avenidas

Colección Fernando Val
Na actualidade o tráfico é soterrado e a rúa en superficie esta ateigada de terrazas das cafeterías. Grande parte deses xardíns conserváronse, dentro do proxecto de humanización da zona "Abrir Vigo ao Mar", que tamén supuxo o desprazamento do camiño de ferro portuario cara a marxe exterior de ditos xardíns.

14/11/08

Culleredo | Inauguración do aeroporto de Alvedro

Alberto Martí | La Voz de Galicia
As forzas aéreas españolas tiveron un destacado papel na inauguración do aeroporto coruñés de Alvedro, o 25 de Maio de 1963.

En primeiro termo pódese ollar un cuadrimotor con distintivo da cruz de Santo André na deriva; tras del seis cazas xunto ao nome da cidade.

12/11/08

Cesuras | Excursión Coruña-Lugo

Pedro Ferrer | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

10/11/08

Oleiros | Praia de Santa Cristina en 1963

Alberto Martí | La Voz de Galicia
Unha das características máis salientables do areal de Santa Cristina era que, nun dos seus extremos, existían unhas grandes rochas nas que os bañistas sentaban para tomar o sol.

Na imaxe tamén se ven as casetas que usaban para se mudar e poñer roupa de praia, así como o famoso restaurante Casa Sara.

8/11/08

Oleiros | Gasolineira de Perillo

Alberto Martí | La Voz de Galicia
Hai preto de medio século estaban a se levar a cabo as primeiras obras para esta gasolineira, emprazada á saída da ponte da Pasaxe, entre a estrada a Bastiagueiro e a que vai a San Pedro de Nós.

Hai preto de dez anos houbo que derrubar as instalacións para ampliar os accesos á cidade da Coruña, que incluían un falso túnel no punto por onde se pode ollar en primeiro termo a dúas mulleres a cruzar a estrada.

4/11/08

Culleredo | Primeiro avión que aterrou no aeroporto de Alvedro

Alberto Martí | La Voz de Galicia
O 23 de Maio de 1963 aterrou o primeiro avión no recén inaugurado aeroporto de Alvedro.

A gran expectación levantada por este acontecemento fixo que, nas inmediacións da pista, se concentraran gran número de veciños e curiosos desexosos de contemplar de preto esta complicada manobra.

Todos eles aplaudiron cando finalmente a aeronave tomou terra sen ningún problema, e incluso chegaron lanzar foguetes para festexar a posta en marcha deste aeródromo.

2/11/08

Oleiros | Cemiterio da barcos na Pasaxe

Alberto Martí | La Voz de Galicia
Houbo unha época na que os barcos máis vellos e deteriorados eran abandonados nun improvisado varadoiro situado nas inmediacións da ponte da Pasaxe.

Co tempo, ese lugar converteuse nun auténtico cemiterio de naves que, unha vez rematada a súa vida útil, descansaban na beira da ría ata que a acción da mar e dos trocos meteorolóxicos ían convertelos, pouco a pouco, en auténticos esqueletos de madeira.